17 representantes municipais do Partido Popular de Ourense estarán presentes na FEMP

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

17 representantes do Partido Popular de Ourense, a práctica totalidade deles alcaldes e alcaldesas, participarán como vocais nas distintas comisións de traballo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), logo de que os órganos de dirección desta entidade aceptasen a proposta presentada polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar. Unha favorable acollida que para o líder dos populares ourensáns “fala ven as claras do compromiso municipalista e provincial da nosa formación”.

Manuel Baltar mostrou a súa satisfacción pola elección dos representantes populares da provincia nas comisións da FEMP, destacando “a idoneidade da proposta e dos perfís presentados, pois os vocais escollidos estarán presentes en comisións tan importantes no eido local como as de cooperación, rural, mancomunidades, patrimonio, movilidade ou sostibilidade, entre outras.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha presenza que ven de reforzar a elección, este pasado luns, de Manuel Baltar, en calidade de presidente da Deputación de Ourense, como membro da Subcomisión permanente da Comisión de Deputacións provinciais, Cabildos e Consellos Insulares.

Para Manuel Baltar, as responsabilidades outorgadas aos membros ourensáns na FEMP concordan, afirmou, “coa representación e o apoio que o Partido Popular ven de acadar nos distintos procesos electorais, gobernando en 60 alcaldías, con presto de 500 concelleiros e concelleiras e por ser a primeira formación de España en apoio electoral a calquera partido nas xerais de novembro, nas que incluso conseguimos cinco puntos máis que nas xerais de abril”.

COMISIÓNS E VOCAIS OURENSÁNS.

Os 17 representantes ourensáns que estarán noutras tantas comisións son os seguintes:

  • Comisión coordiadora de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), Luciano Rivero (alcalde de Cualedro).
  • Cooperación ao Desenvolvemento, Patricia Torres (alcaldesa de Boborás).
  • Cultura, César Fernández (alcalde de Ribadavia).
  • Deportes e Ocio, José Antonio Armada (concelleiro de Bande).
  • Desenvolvemento Rural e Pesca, Rubén Quintas (alcalde de Maceda).
  • Educación, Manuel Prado (alcalde de Beariz).
  • Igualdade, Susana Vázquez (alcaldesa de Porqueira).
  • Integración e Cohesión Social, Patricia Lamela (alcaldesa de Larouco).
  • Mancomunidades, José Antonio Pérez (alcalde de Quintela de Leirado).
  • Modernización, Bo Goberno e Participación Cidadá, Melisa Macía (alcaldesa de Vilariño de Conso).
  • Patrimonio Histórico-Cultural, César Parente (alcalde de Nogueira de Ramuín).
  • Saúde Pública, Manuel Garrido (alcalde da Merca).
  • Seguridade e Convivencia Cidadá, Avelino Luis de Francisco (alcalde de Cortegada).
  • Transportes, Mobilidade Sostible e Seguridade Vial, Luis Menor (alcalde de Pereiro de Aguiar).
  • Sociedade da Información, Innovación Tecnolóxica e Axenda Dixital, Ricardo González (alcalde de Toén).
  • Función Pública e Recursos Humanos, Rodrigo Aparicio (alcalde de Arnoia).
  • Benestar e Accesibilidade Universal, Miguel Antonio Cid (Alcalde da Teixeira).
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------