Propostas de Podemos para afrontar esta crise

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS E OUTRAS MEDIDAS.

O actual contexto do estado de alarma e da alerta sanitaria que estamos a vivir debido ao
COVID-19, trae consigo unha crise económica de dimensións e profundidades tales que se
prevé un largo período de recesión no noso entorno económico e social.
Os concellos non poden manterse alleos a esta situación, ao ser os gobernos e as
administracións máis próximas á cidadanía.
Fronte a esta crise que se abre ante nós, os concellos deben anticiparse e despregar medidas
precisas para poder articular ferramentas e medios para asistir a súa veciñanza.
Esta situación que estamos a vivir precisa de medidas e actuacións específicas e concretas, da
maior responsabilidade e esforzo dos concellos para paliar as necesidades e carencias que
están xa padecendo moitas veciños e veciñas.
Moitos son os concellos que en este comenzo de ano, aprobaron os seus orzamentos
municipais, e algúns están aínda en fase de exposición pública e de presentación de
alegacións, prazos que están interrompidos polo Real Decreto que aprobou o estado de
alarma. Tal é o caso cos orzamentos do Concello de O Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Deixando de lado calquera crítica nin valoración dos xeitos de actuación que en este
momento non procede, dende o Círculo de Podemos no Carballiño, imos dar traslado ao
Alcalde e ao grupo de goberno Socialista de este Concello as seguintes propostas, tendo
xa en conta outras presentadas por distintas agrupacións municipais:
• Modificar os orzamentos, concretamente incrementar a cantidade de 10.000 €
recollida na política de gasto de servizos Sociais no subprograma 231,13,480 00, para
Emerxencia Social e facer uso da mesma (non como en anos anteriores), recortando en
outras áreas como actuacións e espectáculos (subprograma 334,12,227 06 dotado de
45.000 e, por exemplo). A situación de excepcionalidade require que os orzamentos se
modifiquen de acordo á emerxencia social e se adiante as necesidades que poidan
aparecer por parte da veciñanza do Carballiño;
• Usar e asignar o Remanente de Tesourería (superávit) de 4.000.000 de euros, para
axudar as persoas autónomas, PYMEs e comercio local do noso concello de xeito
directo, así como para as familias que se verán en situacións difíciles estes días;
• Esta dotación e reasignación orzamentaria usarase de xeito discrecional baixo a
xestión da Área de Asuntos Sociais e buscará cubrir demandas de alimentos,
medicacións, productos de hixiene e outros de primeira necesidade, así como para
familias que precisen de pagar alugueiros, subministracións de luz, auga e gas de ser o
caso. Quedará aberto a calquera outra necesidade (como podería ser cubrir o custo de
transporte en certas situacións de urxencia) se estivese suficientemente motivada;

• Os cargos electos, nun xesto de solidariedade e compromiso coa veciñanza, donen a
metade das súas asignacións dos meses de marzo e abril para contribuír a sufragar esas
necesidades dos colectivos e familias nomeadas no punto anterior;
• Creación de un protocolo de Asistencia a Xente sen Fogar. Para dito protocolo
constituirase unha unidade de intervención asistencial, seguindo coa lexislación
vixente e baixo a formación sanitaria pertinente, para dar asistencia e acollida a
persoas sin fogar. Dotarase e habilitaranse estruturas municipais como o Pavillón de
Deportes ou o Cámping do Carballiño para dar acollida a estas persoas. Tamén
correrán por conta do Concello a alimentación básica e o reparto de Kits de limpeza e
hixiene corporal, para garantir un mínimo de condicións hixiénicas e vitais dignas, na
medida do posible;
• Este protocolo de Asistencia dando cobixo, alimento e asistencia, poderase estender a
familias que se vexan na necesidade de solicitalo, sexan polos motivos que sexan.
Sen máis e póndonos dende o Círculo de Podemos no Carballiño a enteira disposición do
grupo de goberno municipal no que estime oportuno, só nos queda dar de novo o noso total
agradecemento a tódalas persoas que estes días seguen a traballar por nós en todo momento
dende as distintas áreas e colectivos do noso concello e da nosa comarca ao igual que no resto
do país.