Fumigando Flores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A pasada noite tocoulle o barrio de Flores unha fumigación completa. O concello prosigue co plan de fumigar o máximo posible todo Carballiño e o rural. Para elo contan con tres tractores adaptados que cada noite fan a súa laboura

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ampliando o ámbito do traballo ata as parroquias, como Señorín, Mesego e Arcos, así como en rúas de fóra do casco urbano.

Este proceso de desinfección realízase con moita efectividade gracias a dous tractores da zona do Ribeiro, mediante unha colaboración totalmente desinteresada, e tamén gracias á colaboración, por segunda semana, do tractorista “Peleteiro”, da Adega Casal de Armán.

O Concello do Carballiño agradece estas colaboracións, totalmente solidarias, que supoñen un gran avance nos traballos de desinfección de rúas e espazos públicos do Carballiño, enmarcados dentro das medidas preventivas polo coronavirus.

VIDEO