Resposta do goberno ao PP polo tema da desinfección do Asilo

Fai dous días O Partido Popular do Carballiño fixo un chamamento ao Grupo de Goberno para que se procedese o máis pronto posible a desinfección do Asilo.

Pola súa banda, dende o concello a través do concelleiro Manuel Sotelo se informa que sí que se fai esa limpeza xa que o Grupo Municipal de Emerxencias desinfecta os exteriores do asilo cada día; e para a limpeza interior é a Unidade Militar de Emerxencias a encargada de facelo e xa se lles solicitou este traballos tanto para a residencia do Cornuval, como para a de Partovia e para o Asilo. Na comisión de seguimento de mañá o concello estudará as posibilidades de facilitarlle ao Asilo do Carballiño material sanitario mentres se agarda a recibir a seguinte entrega por parte da Xunta.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO