O concello e o centro de saude de Beariz traballan man a man no control do coronavirus nesta localidade

IES CHAMOSO LAMAS

O alcalde de Beariz Manuel Prado ven de publicar un bando no que informa que diante da pandemia por covid19 que estamos a vivir e ante a chegada de veciños de países con alta incidencia desta infección, aconsella poñerse en contacto telefónico co Centro de Saúde non 988.284.448, onde se lles darán as pautas a seguir en relación coa detección precoz da enfermidade. Un traballo que xa está a levar a cabo o médico do ambulatorio Xosé Dobarro.

O foco de contaxio de coronavirus de Beariz conta con catro positivos dende hai unha semana, con varias persoas en corentena preventiva e con ningún positivo nas PCR que se fixeron esta semana.

HIPER MASIDE

Iniciouse a través dunha familia que viñera de México a Beariz. A primeira moza que deu positivo fixo unha publicación na súa rede social Facebook na que pide que non se estigmatice as persoas que veñen de fora xa que di que ela fixo as cousas ben, couidouse e coidou aos seus, que so tivo mala sorte, que nos pode pasar a todos xa que o coronavirus é unha pandemia que afecta a todos os países.