Nota de Podemos Carballiño sobre alegacións ao orzamento

Dada a situación excepcional que estamos a vivir, entendemos que as medidas a tomar tamén
deben ser extraordinarias. Somos coñecedores do tremendo impacto económico que está a
darse na nosa veciñanza motivada pola alarma sanitaria producida polo COVID-19.
O Concello de O Carballiño debería haber retirado o proxecto de orzamentos presentado e
aprobado en pleno o pasado 10 de marzo e presentar outro proxecto que dese cobertura
económica as persoas do Carballiño, moi especialmente as familias máis vulnerables,
traballadores autónomos, PEMEs e traballadores por conta allea.


Non foi o caso, e dende o Círculo de Podemos no Carballiño vimos de presentar unha batería
de 13 alegacións para que este proxecto de orzamentos presentado dea cobertura e asistencia a xente do Carballiño.
Independentemente de que resulta totalmente incomprensible e inadmisible que o
procedemento posterior aprobación inicial do expediente do orzamento municipal do
Carballiño para o exercicio 2020, non estea suspendido en base ao recollido na disposición
adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, ao deixar constancia que se
suspenden os términos e quedan interrompidos os prazos de tramitación dos procedementos
das entidades do sector público, e sobre todo incidir en a suspensión se aplicará a todo o
sector público definido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, non se entende porque dita
suspensión non se aplica a este expediente de orzamento xeral municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES


Aparte de esta disposición, tampouco comprendemos a continuación na tramitación de este
expediente cando se ve claramente que a proposta de orzamento municipal debe modificarse
no seu contido, para poder facer fronte as necesidades de imprevistos xurdidos do estado de
alerta sanitaria producida polo COVID-19 e que se contempla no Real Decreto 463/2020, de
14 de marzo.


Tido en conta o anterior, e dada a NON suspensión dos prazos nin a modificación do
expediente dende o Círculo de Podemos no Carballiño presentamos as seguintes alegacións:

ARQUIVO ALEGACIÓNS