Detido un home en Ourense por presunto delito de violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica do Grupo de Apoio de Prevención, Asistencia e Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Xefatura de Ourense detiveron o pasado venres, 3 de abril, un varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero e de quebrantamento da orde de afastamento.

Publicidade

Unha das mulleres vítimas de violencia de xénero cuxa protección ten asignada o Grupo VIOXÉN da Policía Autonómica contactou por teléfono e, ante a sospeita de que o presunto agresor se atópase nas inmediacións do domicilio da vítima, varios efectivos trasladáronse ata o lugar.

Os axentes procederon á detención do varón no interior do domicilio. Posteriormente, foi trasladado a dependencias da Comisaría Provincial da Policía Nacional de Ourense, onde se instruíron dilixencias como autor dun presunto delito de violencia de xénero e por quebrantar a orde de afastamento que tiña vixente. O detido pasou a disposición xudicial. Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 255 vítimas de violencia de xénero