INTENSA COLABORACIÓN DO CONCELLO COS CENTROS EDUCATIVOS FACILITANDO O SERVIZO DE TRASLADO DE LIBROS ESCOLARES AOS DOMICILIOS DO ALUMNADO ASÍ COMO DO SERVIZO DE REPROGRAFÍA DE APUNTES E TRABALLOS ESCOLARES
O concello do Carballiño está colaborando intensamente coas direccións dos centros educativos facilitando o traslado de libros escolares desde os colexios aos domicilios dos alumnos e alumnas. Así mesmo, realízase o servizo de reprografía para fotocopiar apuntes e traballos escolares.
O transporte dos libros lévase a cabo a través dos integrantes de Protección Civil, e o servizo de reprografía aténdese a través de persoal do concello, e son os pais ou titores quenes se encargan de recoller as fotocopias.
Estes servizos, que o concello puxo en marcha hai dúas semanas co obxectivo de dar cobertura ás direccións dos centros, intensificáronse estes últimos días e estarán operativos mentres dure o confinamento.
Son as direccións dos colexios quen comunican ao concello que libros e material escolar deben ser trasladados aos domicilios dos alumnos e alumnas, e son tamén estas direccións quen remiten ao concello os apuntes e traballos que deben ser fotocopiados.