Declaracións do alcalde de Ribadavia

A XUNTA DE GOBERNO DO CONCELLO DE RIBADAVIA APROBA UN BORRADOR DE PLAN PARA A REACTIVACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL E COMERCIAL DE RIBADAVIA

A intención do goberno municipal de Ribadavia é a de que este documento sexa un documento aberto e participado, que recolla o maior número de achegas das diferentes partes implicadas nesta tarefa de reactivación da actividade, por iso, está aberto a que os interesados poidan realizar achegas e modificacións durante o prazo dun mes que estará publicado na web do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “unha vez rematemos o proceso de elaboración do documento final que conte co máximo consenso, tocará definir a dispoñibilidade orzamentaria coa que contaremos, para o que se fai imprescindible que se aclaren as normas no que ten que ver coa celebaración de determinados eventos culturais e lúdicos ao longo deste ano 2020, xa que isto influirá decisivamente na cantidade de recursos cos que disporán”

Puxo a disposición dos veciños un teléfono de servizos sociais para atender calquera necesidade. O concello fai un acompañamento dos maiores desta vila para axudarlles no que precisen

Persoal do GES de Ribadavia achégalles alimentos e medicinas aos maiores ou veciños en risco de contaxio ao seu propio domicilio

Persoal do GES de Ribadavia achégalles alimentos e medicinas aos maiores ou veciños en risco de contaxio ao seu propio domicilio

O alcalde de Ribadavia destaca tamén o traballo do persoal da casa da cultura na impresión e reparto de apuntes aos estudantes.

VIDEO