Asime e a Universidade de Vigo doan 3.000 escudos faciais á Deputación de Ourense para a loita contra o COVID-19

Doazón de 3000 pantallas protectoras á Deputación Ourense para a súa distribución pola provincia, a centros hospitalarios, residencias, etc….. Asisten o acto de entrega Plácido Álvarez Dobaño (VicePresidente da Deputación Ourense), Ramón Alonso Fernández (Xerente de Dalot) e Enrique Mallón (Secretario Xeral de ASIME). Tamén colaboran en esta iniciativa a Universidade de Vigo
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, recibiu hoxe no Pazo Provincial, en nome da institución, as 3.000 pantallas protectoras que Asime e a Universidade de Vigo doaron á Deputación de Ourense para a loita contra o COVID-19. Os escudos están feitos de PET, plástico utilizado polo sector da alimentación e que se pode desinfectar facilmente para o seu uso continuado. Na entrega do material esta mañá estiveron presentes, ademais do vicepresidente terceiro da Deputación, Enrique Mallón, o secretario xeral de Asime; e Ramón Alonso, xerente de Dalot.
Estas pantallas protectoras producíronse dentro da Plataforma Galicia EscudoCovid19, unha iniciativa solidaria a nivel nacional que está coordinada institucionalmente en Galicia pola Universidade de Vigo e Asime, coa participación de máis de 20 empresas galegas. O material doado á Deputación de Ourense irá destinado aos diversos centros hospitalarios e asistencias da nosa provincia, así como a organizacións da nosa área territorial, explicou Plácido Álvarez, quen agradeceu este xesto de solidariedade tan importante que nos vai a permitir distribuír 3.000 pantallas protectoras na nosa provincia e continuar protexendo aos que nos están coidando nesta pandemia.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Pola súa banda, Enrique Mallón sinalou que con este proxecto solidario habemos repartido xa máis de 40.000 pantallas protectoras en toda Galicia. Esperamos que a entrega de hoxe contribúa a paliar a pandemia na área territorial de Ourense, axudando a protexer cun material da maior calidade ao persoal sanitario e asistencial que loita cada día contra o virus en primeira liña.

Desde a Universidade de Vigo explicaron que se trata da terceira entrega de material de loita contra o COVID-19 que se realiza en Ourense, xa que en semanas anteriores entregáronse 2.000 pantallas protectoras ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e á Fundación San Rosendo e outras 2.000 ao Grupo Coren, que participou doando materia prima para a súa fabricación.

A iniciativa solidaria está coordinada por Asime e pola Universidade de Vigo, a través do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (CINTECX) e do Campus de Especialización Vigo Tecnolóxico. A eles uníronse desde un inicio as empresas Adhex, Dalot, Dativic, Lupeon, MCSyncro, Mepronor, Plascies, Plymouth, Troqueles Galicia e Valver. Outras empresas sumaron tamén as súas achegas económicas e esforzos: Asesoría e Consultoría de Empresas Despachos Asociados S.L., Cerradoras López Galicia, Coren, Distevi, Gadisa, Fabricacións Parma, Instalacións do Noroeste, Itera Técnica, Laser Galicia, Metaldeza, Onice Estudos e Proxectos, Resinas Castro, Royal Roos Enxeñaría, Solmecor, Umiametal, Utingal e Vigumat.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------