O Cine Club comeza xaneiro ca clara favorita ós Goya, “As Bestas”

O Cine Club comeza este 2023 cunha das mellores películas españolas desta tempada, senón a mellor, a xulgar polo seu éxito de taquilla e de crítica. “As bestas” é un thriller tenso e intenso magnificamente interpretado e ambientado na Galicia rural a partir dunha historia real, o crime de Santaolla, ocorrido fai máis dunha década nos montes de Valdeorras.

Conta con 17 candidaturas nos premios Goya, entre elas todas as importantes e obtivo o Premio do público á mellor película europea no Festival de San Sebastián. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20:00 e ás 22:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES