O Carballiño baixa hoxe ata os 12 casos activos. Beariz mantén os 30 casos

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello do Carballiño baixa hoxe catro casos, para facer un total de 12. Isto amosa que a situación está estabilizada en canto a contaxios novos e altas, cunha cifra que se remonta a inicios do mes de setembro. A comarca baixa os casos totais, con 54 persoas.

O foco preocupante está en Beariz, que hoxe mantén os 30 casos activos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio. O resto de concellos mantéñense estables. Boborás mantén os 3 casos activos; Maside mantense con 3 casos, Piñor mantén 3 casos tamén e O Irixo conta con dous casos. San Cristovo de Cea baixa dos 3 casos a un contaxiado. San Amaro e Punxín están libres de coronavirus.

HIPER MASIDE