O BNG condena as últimas agresións homófobas coñecidas na cidade e urxe ao Goberno Local a adopción de medidas urxentes

Para a formación nacionalista resulta lamentable que o Goberno Local PP – DO ademais de non ter ningunha política específica para a colectivo LGBT da cidade, non abrira a boca para condear os actos producidos nos últimos días. Hai silencios que abouxan e atitudes que retratan

Para o BNG hoxe lemos dúas novas que nos enrabexan, unha a respecto de dúas agresións sexuais e outra en relación cun novo ataque homófobo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O BNG lembra que levan anos pedindo que se destinen recursos, que os hai,  e se executen programas, á concelleira de igualdade, lembrando que a violencia non só non frea, senón que vai a máis, lamentando que por desgraza e pese ás advertencias , nada se faga ao respecto.

O aumento dos delictos de odio contra o colectivo LGTB supoñen un problema gravísimo. As agresións homófobas non só existen senon que van a máis, amparadas polos discursos da ultradereita. Lexitimados os  seus portavoces a base de normalidade institucional, pactos políticos e presenza mediática, agora os homófobos xa poden falar con claridade e difundir o seu odio sen disimulo.

Resulta lamentábel que a coalición de goberno da dereita e ultradereita no Concello de Ourense ademais de non ter ningunha política específica para a colectivo LGTB da cidade, non abrira a boca para condear os actos producidos nos últimos días. Hai silencios que abouxan e atitudes que retratan.