O Plan de Emerxencias da Presa de Albarellos darase a coñecer á poboación facendo soar as sereas durante dúas horas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Que a poboación coñeza os sinais de alerta ante calquera tipo de incidencia na presa de Albarellos. Este é o obxectivo polo que o xoves se levará a cabo a activación das sereas destas instalacións, dando a coñecer así os plans de emerxencia para evitar incidentes relacionados co risco de inundacións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño vén de emitir un bando no que se informa de que mañá 22 de xuño, nas horas centrais do día, farase soar as sereas da Presa de Albarellos co obxecto de realizar unha proba anual das mesmas e achegar á sociedade unha guía básica de actuación ante calquera incidencia. Dita proba de son será audible no lugar de Pigariños, na parroquia de Banga.

O Plan de Emerxencia da Presa de Albarellos establece a organización dos recursos humanos e materiais necesarios para controlar a seguridade das instalacións. Dito Plan pretende anticiparse aos problemas que se puidesen presentar na presa e establecer a forma de resolvelos. As sereas son, precisamente, a maneira na que se alertará aos veciños e veciñas no caso de que xurdise a situación de alarma.