O PP solicita a convocatoria da mesa local de comercio

O GRUPO POPULAR SOLICITA A CONVOCATORIA DA MESA LOCAL DE COMERCIO PARA POÑER EN MARCHA ENTRE OUTRAS, A PLATAFORMA ONLINE DE COMERCIO LOCAL e PRESENTAR AS BASES DE SUBVENCION A AUTONOMOS

E PREOCUPANTE A TARDANZA  DO PLENO PARA APROBAR O PLAN DE MEDIDAS DE IMPULSO SOCIOECONOMICAS COVID19, E FAI FALTA DAR PASOS FIRMES PARA ACADAR OS SEUS OBXETIVOS.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Grupo Popular, que dende o minuto 1 desta pandemia entendeu a importancia de ter que implantar medidas urxentes para saír da crise socia e económica na que estamos metidos por causa do COVID19, está preocupado pola tardanza da sesión plenaria para darlle a aprobación do redactado e pactado entre PP e PSOE do PLAN DE MEDIDAS DE IMPULSO SOCIOECONOMICAS COVI19 que mobilizaría en total 2.168.480 € e cunha primeira fase xa programada de 1.518.480 € dos cales 797.520 € son de orzamento e 720.960 € son de Remanente de Tesourería, toda vez que estas partidas non se poderán usar ata pasados 15 días hábiles dende que se publique a súa aprobación no BOP, e este pode situarnos a mediados de maio, no mellor dos casos.

Mentres esperamos esta sesión plenaria, se pode ir avanzando en certas medidas das aprobadas nese acordo, e xa se debería de ir avanzando con axilidade na procura de que dada euro asignado sexa garantido no seu obxectivo, e así, fai falta ir mantendo reunións con responsables de Cáritas, Cruz Vermella, Agrupación de voluntarios de Protección civil, Anpas, Praceiros, Asociacións como CCAA ou polígono industrial e moi especialmente organizar o departamento de Servicios sociais ou administración para a tramitación das propias axudas que o Concello pon en favor dos autónomos, familias e persoas afectadas por esta crise.

Como urxente, entendemos que se debe de convocar a MESA LOCAL DE COMERCIO, de forma urxente e que se pode facer por medio de calquera das plataformas online que existen nas redes sociais e nela convocar tanto ao CCA Carballiño, praceiros e Asociación de Empresarios do polígono, para tratar en concreto os temas relacionados con eles e así poder poñer en marcha entre outras a PLATAFORMA ONLINE DO COMERCIO LOCAL que terá que ser desenrolado polo CCA Carballiño, como nos sinalan desde os servizos técnicos do Concello, e tal como se comprometeu xa a asociación dos comerciantes, non só para os seus asociados senón que para todo aquel comerciante ou hostaleiro que se queira adherir, pois mais que nunca todo o comercio do pobo se debe de unir a un proxecto da envergadura deste de forma que nadie que queira participar quede fora. Así como que se valore favorablemente a incorporación a este plataforma dos demais comercios e negocios dos concellos da comarca.