O Psde-Psoe de Ribadavia esixe o concello e o sergas test para o persoal da axuda no fogar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSDEG-PSOE ESIXE O GOBERNO MUNICIPAL E O SERGAS A REALIZACIÓN DOS TESTS AO PERSOAL DA AXUDA NO FOGAR DE RIBADAVIA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas levan varias semanas loitando porque este colectivo teña acceso as probas contra o COVID-19 e lembran que grazas a insistencia acadaron as probas as traballadoras no asilo
“O alcalde debería apoiar as traballadoras máis aló das redes sociais, onde as palabras quedan moi bonitas de cara a galería, pero o que se precisa agora son medidas reais e efectivas”, sinala Noelia Rodríguez

O PSdeG-PSOE de Ribadavia esixe o goberno municipal do Partido Popular e o Sergas que se lles fagan os tests ao persoal da axuda no fogar en Ribadavia. Actualmente, traballan no servizo da axuda no fogar da capital do Avia 20 persoas, que se encargan de asistir a persoas dependentes, maiores que residen nas súas casas e persoas en situación de vulnerabilidade e que son un foco de risco de contaxios de COVID-19 debido a idade, as patoloxías previas e as múltiples doenzas. Os socialistas consideran “inadmisible” que o alcalde se escude nun suposto protocolo que “non é tal” e néguese a esixirlle o Sergas a realización das probas as traballadoras

Dende o Grupo Municipal Socialista levan xa varias semanas pelexando porque estas probas se fagan a un colectivo vulnerable o contaxio o traballar con persoas que teñen grave risco de contaxiarse de COVID-19. Lembran tamén dende o PSdeG-PSOE na vila que “estamos a vivir unha situación semellante a que aconteceu no asilo, na que loitamos varias semanas ata que conseguimos que se fixeran tests e probas aos traballadores e traballadoras”. Tal e como apunta a concelleira socialista, Noelia Rodríguez, “é unha necesidade urxente” e subliña “o traballo encomiable e a gran profesionalidade coa que están a levar a cabo a súa tarefa as traballadoras da axuda no fogar, polo que merecen un trato acorde por parte do Concello”, e remarca “non podemos deixar atrás a aqueles que loitan en primeira liña contra a pandemia”.

Os socialistas acusan o alcalde de “escudarse en protocolos” e “non pensar na veciñanza de Ribadavia, que é a que padece as consecuencias”. “O alcalde non sigue protocolo, senón ordes que lle chegan do seu partido, algo inadmisible para un cargo como é o de rexedor de Ribadavia que entendemos, debe defender os intereses da vila e non o de persoas das súas cores políticas”, explica Rodríguez, quen tamén apunta que “o alcalde debería apoiar as traballadoras máis aló das redes sociais, onde as palabras quedan moi bonitas de cara a galería, pero o que se precisa agora son medidas reais e efectivas” e acúsao de “abandonar as traballadoras a súa sorte, namentres vende palabras barata e demagoxia pura, en lugar de pórse a traballar e acadar os tests para o servizo de axuda no fogar”.