O Grupo Popular do Carballiño celebra que o Concello saque o concurso de Axuda ao Fogar

O GRUPO POPULAR CELEBRA QUE O CONCELLO SAQUE POR FIN A LICITACION UN NOVO CONCURSO DE AXUDA AO FOGAR.

ESTE SERVIZO ESTÁ EN PRECARIO DENDE OUTUBRO DE 2018, TAL COMO O NOSO GRUPO VIÑA DENUNCIANO CADA MES.

AVANTAR ACTIVIDADES

O GRUPO SOCIALISTA TARDOU PERO ACABOU RECOÑECENDO QUE ESTE SERVIZO E MAIS EFICAZ E EFICIENTE PARA O USUARIO COA XESTION EXTERNA.

A ACTUAL EMPRESA TIÑA ADVERTIDO AO CONCELLO DE QUE DEIXARIA DE PRESTAR O SERVIZO A FINALES DO PASADO MES DE  MARZO  SI NON SE ACTUALIZABAN OS PREZOS LOGO DE LEVAR CASE 2 ANOS EN PRECARIO E POR INCUMPRIMENTO DE CONTRATO POR PARTE DO CONCELLO, HASTA QUE ESTALLOU A CRISE DO CORONAVIRUS E SE IMPUXO O ESTADO DE ALARMA, E A EMPRESA SEGUIU PRESTANDO O SERVIZO POR RESPONSABILIDADE.

Nos dixémolo sempre, nunca tivemos outro criterio, sempre dixemos que o servizo que atende a persoas dependentes e de axuda ao fogar, tiña que ser de XESTIÓN EXTERNALIZADA, así pois, no mandato no que o PP gobernou no Carballiño 11-15 así o fixo externalizando  e no ano 2015 deixou preparado un prego administrativo e técnico sobre o cal o grupo municipal do PSOE no mandato 15-19 procedeu a adxudicar nos primeiros meses, dicindo daquela que “non había volta atrás pois o proceso estaba avanzado, que senón houbese sido xestionado polo propio concello“.

Aquela contratación que se fixo no ano 2015 por parte do PSOE rematou en outubro de 2018 e dende aquelas o servizo estase a prestar pola mesma empresa pero de forma “administrativamente en precario” pois nin sequera  ten os prezos actualizados nin se vía o fin a esta situación.

E agora, logo das municipais do 2019, cando o PSOE con maioría, recoñece que este servizo de axuda no fogar debe de seguir sendo EXTERNALIZADO, argumentado o que sempre nos dixemos, QUE O CONCELLO NON TEN MEDIOS MATERIAIS E HUMANOS QUE LLE PERMITAN PRESTAR ESTE SERVIZO, sendo máis eficaz e eficiente un servizo externalizado que facéndose directamente polo concello, dando así unha mellor atención aos usuarios do servizo.

O Goberno socialista municipal, presenta para aprobación en Pleno o prego de cláusulas administrativas e técnicas para unha nova contratación por período de 2 anos prorrogables outros dous anos e que ascende a un importe total de 4.612.400€ para un cálculo de 45.000 horas anuais de luns a venres a razón de 18€/hora e 6.000 horas anuais de domingos e festivos a 19€/hora. Aínda que o orzamento podería incrementarse un 20% para asumir novas horas durante o tempo de contrato.

O Grupo Popular, fará algunhas consideracións para incorporar no prego que se nos presenta a Pleno, pois para nos, que no ano 2015 negociáramos as cláusulas do anterior contrato cos sindicatos, votamos en falta que non sexa obrigatorio para o futuro adxudicatario ter que ter unha sede propia no casco urbano do Concello, pois foi unha das grandes vantaxes do concurso anterior que lle deu mellor operatividade tanto para traballadoras/es como para os usuarios.

Dende o grupo municipal do Partido Popular celebramos que este concurso veña por fin a pleno, logo de 20 meses que o estábamos reclamando.

Esperamos tamén que o goberno municipal teña arranxado calquera discrepancia económica coa empresa que está a facer o servizo de forma precaria, e se poida garantir un engrenaxe perfecto entre a actual contrata e a futura que salga do concurso que se pretende sen que se interrompa en ningún momento o servizo.