Arnoia pide á Confederación a limpeza do río e das súas marxes

O alcalde, Rodrigo Aparicio, ven de reclamarlle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, unha limpeza exhaustiva do río Arnoia, tanto do leito coma das marxes. No seu comunicado explica que “as últimas choivas provocaron un aumento considerable do caudal, e o conseguinte desbordamento en varias zonas do concello, afectando principalmente ás áreas recreativas, ao paseo fluvial e a distintos viais municipais”.

Publicidade

Dende o concello sinalan que esta é unha problemática á que se enfrontan ano tras ano, e que este tipo de atrancos no río causan grandes danos nas infraestruturas municipais.

PUBLICIDADE