O Concello de Ribadavia segue cas medidas preventivas

? Iniciouse a desinfección con Ozono dos vehículos das auxiliares de axuda no fogar. Hoxe desinfectáronse dez vehículos e, nos vindeiros días desinfectaremos os restantes. Queremos agradecer unha vez mais o traballo das auxiliares de axuda no fogar que están, día a día, dando o mellor de si para coidar de quen mais o necesita, os nosos maiores.

? Levaronse a cabo a desinfección de rúas por todo o concello grazas á presenza do camión do dispositivo de vialidade invernal do ministerio de fomento, que nos enviaron dende a subdelegación do goberno. Queremos agradecer á subdelegación do Goberno que nos enviaran hoxe este vehículo para apoiar as tarefas de desinfección que se estan a realizar periódicamente dende o concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

? Recibuse unha nova entrega de material da Xunta de Galicia, e xa van 6. Desta volta recibimos 300 mascarillas cirúrxicas, 290 guantes, 6 traxes EPI, 4 batas (donadas por INDITEX), 4 pantallas faciais, 3 botes de 500 ml de xel hidroalcoholico e unha garrafa de 5 litros de desinfectante de superficies. Este material repártese entre os servizos municipais Segundo as necesidades. Quero agradecer á Xunta de Galicia que, dende o inicio desta pandemia e da declaración do estado de alarma, ten enviado de xeito periódico o material necesario para garantir o abastecemento de todos os servizos municipais, sobre todo aqueles mais expostos á loita contra o COVID-19.