A Xunta informa que leva entregadas preto de 330000 unidades de protección aos concellos

A Xunta INFORMA DE QUE LEVA ENTREGADAS PRETO DE 330.000 UNIDADES DE PROTECCIÓN Aos CONCELLOS DA PROVINCIA DE OURENSE DESDE O DECRETO DE ALARMA

Publicidade

A Xunta vén de finalizar hoxe novos envíos de material de protección individual e desinfección aos concellos da provincia de Ourense que, sumados aos efectuados desde que se decretou o estado de alarma pola crise do coronavirus, fan un total de dez entregas aos municipios ourensáns e catro á cidade, a través das que se entregaron preto de 330.000 unidades de protección individual.

VIDEO

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, subliña o esforzo do Goberno galego para realizar estas reparticións que garantan que os concellos da provincia poidan atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais, fundamentalmente Protección Civil, Policía Local e Servizo de Atención ao Hogar ( SAF).

A Administración autonómica leva repartido entre os 92 municipios ourensáns, incluída a cidade, preto de 330.000 unidades de protección individual para loitar contra a pandemia: 206.114 luvas, 113.700 máscaras, 4.248 traxes, 3.000 batas, 177 pantallas faciais e outras tantas batas doadas por Inditex. A estas equipamentos hai que engadir 1.607 botes de 500 ml de xel hidroalcohólico, 1.428 litros de lixivia e 264 garrafas de 5 litros de desinfectante.

Ayuntamiento Guantes Mascarillas Trajes Batas
Arnoia, A 3700 800 19 0
Avión 1500 1300 61 53
Beade 3800 800 22 0
Beariz 1100 650 29 50
Boborás 1500 1300 51 53
Carballeda de Avia 1500 800 39 0
Carballiño, O 4290 1800 107 65
Castrelo de Miño 1500 785 39 0
Cenlle 1300 750 29 0
Cortegada 1445 776 52 0
Irixo, O 700 650 19 50
Leiro 1100 1300 31 53
Maside 4490 1350 29 4
Melón 700 700 22 60
Piñor 1300 750 53 70
Punxín 3700 750 19 0
Ribadavia 2280 1519 83 54
San Amaro 700 650 19 50
San Cristovo de Cea 2090 1325 49 3