Membros da comunidade escolar educativa do cole de Cea preparan contidos online

MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLE DE CEA PREPARAN CONTIDOS ONLINE

Dende o equipo deTics, o equipo de normalización lingüística e o equipo de biblioteca do cole de cea, creamos o proxecto #ContoContigo dende a casa.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Debido á situación de pandemia que asolaga ao planeta e que nos impide acudir ao noso benquerido @coledecea a aprender un feixe de cousas e gozar cos nosos compañeiros e compañeiras, ?cavilamos desde o Equipo de Tics, o Equipo de Biblioteca Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística que os membros da comunidade escolar poderiamos achegar contos, poemas, historias, textos divulgativos, etc.

Farémolo así:

?1 Preferentemente en galego e poderanse empregar todos os recursos que se queiran para adobiar a gravación (vestimenta, efectos, música etc.)

?2 Grava un vídeo no que saias ti ou a túa voz contando un conto, un poema, compartindo un texto divulgativo etc. (duración máxima 5 mins.)

?3 Envíao a través da plataforma we transfer (www.wetransfer.com) ao enderezo electrónico: ticscea@gmail.com

?4 Compartirémolo nos perfís do cole para que chegue a moitos recunchos do planeta.

? Así pois animádevos a enviar os vosos videos para poder compartilos e facer que aínda que sexa virtualmente, nos sintamos máis preto.