O boletín oficial da provincia publica a oferta de contratación de cinco persoas para a brigada contra incendios en Maside

A Alcaldía aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios (un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns) por un período de tres meses. Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no rexistro electrónico do concello (www.maside.sedelectronica.gal), ou no seu caso no rexistro xeral deste concello, en horario 9:00 a 14:00 h, durante o prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste concello

BOP

AVANTAR ACTIVIDADES