O Delegado da Xunta louva o compromiso da asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer

IES CHAMOSO LAMAS

 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá a sede da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), onde foi recibido pola súa presidenta, María Dolores Neira, para coñecer de primeira man o traballos e os programas que esta entidade está a desenvolver a diario na provincia.

O delegado territorial lembrou que AFAOR é unha das 6 asociacións beneficiadas polos programas integrados e emprego da provincia aos que a Xunta vai destinar 1.327.391 euros para formar a 600 alumnos.

HIPER MASIDE

Os programas integrados de emprego, que teñen uno ano de duración, están enfocados a mellorar a ocupación das persoas desempregadas establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 45% dos seus participantes; e segundo Gabriel Alén, “a gran vantaxe destes proxectos é que deseñan un itinerario integral e individual para os participantes e inclúen accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais”.

Gabriel Alén tamén subliñou as axudas da Xunta con cargo ao 0,7% do IRPF de 49.325 euros conxuntamente con AFACO, AGADEA para un proxecto de servizo de transporte adaptado a través da Federación Galega de Alzhéimer; os 18.790 euros para o financiamento de 10 prazas nunha unidade de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer; e os 3.735 euros para programas de fomento e realización de actividades de volutariado.

O representante do Goberno galego puxo en valor o compromiso de entidades como AFAOR, que traballan no coidado das persoas que padecen esta enfermidade, para as que o apoio dos profesionais é imprescindible.

Gabriel Alén destacou que centros como este contribúen a retardar o avance da doenza dos usuarios a través dunha serie de terapias coas que estimulan as súas capacidades. Cada actividade, entre as que se atopan pintura, manualidades, calceta, novas tecnoloxías ou música, está adaptada á fase de enfermidade na que se atopa cada persoa para que todos activen as súas capacidades e función cognitivas.