O Paro sube nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro

COMO ERA O AGARDADO, O PARO SUBE NO MES DE ABRIL NAS COMARCAS DO CARBALLIÑO E O RIBEIRO ATA 128 PERSOAS MAIS.

Galicia registra o paro más alto dos últimos tres anos. A suma dos meses de impacto do coronavirus resultou na suba radical do paro e iso que estes datos non incluyen aos traballadores que están en ERTE

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

O número de parados en abril na comarca do Carballiño e na do Ribeiro ascende a 1.746 e 942 respectivamente. No mesmo mes do ano pasado, o 2019, os parados da comarca carballiñesa ascendían a 1.556 e os da do Ribeiro a 891. Por concellos, o que rexistra a maior perda de emprego é O Carballiño con 61 desempregados, seguido dos 21 de Ribadavia. Pola contra, concellos como Beariz, Punxín, A Arnoia e Melón, conseguiron reducir as súas listas do paro cun empregado mais en cada concello.

ESES DATOS DE PARO NON INCLÚEN OS ERTES. O ALTO VOLUME DESTES EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO PRESENTADOS NO MES DE MARZO FIXO QUE SE RETRASASE O SEU COBRO POR PARTE DOS TRABALLADORES.

Así no lo explicaba nunha entrevista que lle fixemos o director del Servicio Público de Empleo (SEPE), Celso Fernández, que facía referencia ao retraso da Xunta na aprobación deses expedientes despois que cada empresa os presentase

Estas prestacións páganse o día 10 de cada mes. Con todo, o colapso do Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) impediu que todos os pagos do mes de marzo puidésense efectuar o 10 de abril. ainda veremos que sucede este mes pero polo si ou polo non, Desde o Ministerio de Traballo insístese en que, grazas a acordo coas entidades bancarias, anticiparanse os pagos atrasados para que sexan efectivos antes do próximo 10 de maio.

Aquí en Galicia, o pasado 27 de abril o diario oficial de Galicia publicou unha orde pola que os traballadores afectados por ertes que están pendientes do gobierno para cobrar as súas prestacións poden solicitar xa un anticipo a xunta de Galicia. Esta medida permitiría aos traballadores recibir de forma inmediata un adelanto de 1500 euros, con un tope de 750 euros ao mes, mediante un convenio acordado con distintas entidades financieras.

O procedimento para solicitalo pode consultarse na web da Consellería de Economía, Empleo e Industria.

E se nos atopamos nun ERTE, que é o que cobraremos? Celso Fernández, o director del Servicio Público de Empleo, nos explicaba que recibiremos o 70%.