O plasma dos pacientes recuperados da covid en Ourense axudará a coñecela mellor

IES CHAMOSO LAMAS

O PLASMA DOS PACIENTES RECUPERADOS DA COVID EN OURENSE AXUDARÁ A COÑECELA MELLOR E DESENVOLVER POSIBLES TRATAMENTOS. O SERGAS BUSCA VOLUNTARIOS

O Hospital Universitario de Ourense súmase ao estudo de investigación que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) para recoller plasma con o coronavirus, de pacientes curados da Covid na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, co obxectivo de coñecer mellor esta enfermidade e posibilitar novas vías terapéuticas en pacientes enfermos.

HIPER MASIDE

A preselección dos candidatos a doazón, que será voluntaria, correrá ao cargo do Servizo de Hematoloxía. Os participantes deberán ter anticorpos fronte ao virus SARS-CoV-2. Antes da doazón deberá pasar un mínimo de 14 días desde a curación ou da proba que determinou a eliminación do virus nas vías respiratorias. Para participar en Ourense poden chamar a Hematoloxía nos teléfonos 988 385 078 ou 660 331 991 de luns a venres en horario de 9 a 15.00 h.