A partir do luns 11 poderán tramitarse os permisos de queimas

A PARTIR DO PRÓXIMO LUNS 11 DE MAIO PODERÁN TRAMITARSE DE NOVO As COMUNICACIÓNS E PERMISOS DE QUEIMAS NOS TERREOS RÚSTICOS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta, a partir do próximo luns, día 11 de maio, a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos decretada desde o pasado 16 de marzo.
Así, a partir deste próximo luns xa se poderán realizar de novo as comunicacións de queimas en terreos agrícolas e solicitar as autorizacións para terreos forestais, uns trámites que permanecían ata o de agora en suspenso por mor da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES