A proposta de Ribeiro en Común dun Plan de Axudas a Parados foi aceptada polo Concello

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A proposta dun Plan de Axudas do Concello a Parados realizada por Ribeiro en Común ven de ser aceptada no Concello para ser concretada nos vindeiros días.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nese Plan de Axuda Social Ribeiro en Común propón un bono de compra no comercio local para parados do municipio.

Na proposta inicial do goberno non se contemplaba nin a axuda social a parados nin axudas a autónomos que beneficien a quen máis o necesita.

Para poder aumentar as partidas, Ribeiro en Común pide que o Concello reconverta o Plan Provincial de obras e se destine a Axudas Sociais para a xente que máis o necesita. Así mesmo, propoñemos establecer un consenso sobre aqueles eventos que a día de hoxe non se van poder realizar e cuxas partidas poden ser trasladados parcialmente a axudas sociais.

O obxectivo que se marca Ribeiro en Común con este BONO de Compra a Parados é dobre: por un lado axudar a aqueles veciños que máis o precisan nestes duros momentos, por outro lado estimular o comercio local e o consumo en Ribadavia xusto no momento no que os autónomos comezarán a reactivar a súa actividade.

Por outra banda, desde Ribeiro en Común pedímoslle ao goberno municipal que se faga de oficio unha ampliación das licencias municipais de terraza para o sector da hostalaría, sen custo para os propietarios dos negocios, e axustándoo este incremento ás medidas de seguridade e distancia social dispostas na regulación estatal. O obxectivo é favorecer ao sector da hostalaría.

No Pleno Municipal, do pasado día 7 de maio, as nosas propostas de aprobar unha liña de emerxencia social ao mesmo tempo que de aprobar unha axuda por tramos progresivos a autónomos en función das súa renda, quedaba sobre a mesa e aprazada por falta de aceptación do goberno local.

Hoxe sen embargo, na Xunta de Portavoces, o goberno accedía ás peticións de Ribeiro en Común.

Parabenizamonos por este cambio de actitude do goberno que o levan a aceptar as nosas peticións de crear liñas de emerxencia social e axudas a autónomos máis xustas foran finalmente aceptadas.

Recordamos que o pasado xoves o goberno local quixo aprobar unha liña de axudas sen consensuar e na que tiña recortado e eliminado a nosa proposta de Plan Social de axudas a parados. Pleno no que tivo que adiar e pospoñer a súa votación ao quedar en minoría no Pleno.

Agora ven de rectificar, e ademais de aceptar esta proposta de ReC e de dialogar con todos os grupos sobre os criterios de reparto xusto e igual, tamén ven acepta convocar unha Mesa de Diálogo e traballo co tecido asociativo empresarial e de sindicatos, tal e como defendemos no pasado Pleno municipal os grupos de PSOE de Ribadavia e Ribeiro en Común.

Non podiamos comprender que nunha situación de crise tan grave desde o Concello se destinara diñeiro público a axudas lineais que non tiñan en conta nin a renda de autónomos e parados nin a súa capacidade económica.

Polo que nos parabenizamos desta rectificación do goberno local en minoría.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------