O PP xa ten as súas propostas para elaborar as bases das axudas, tal como se comprometeu no pleno do pasado martes.

O GRUPO POPULAR XA TEN AS SÚAS PROPOSTAS PREPARADAS PARA ELABORAR AS BASES DAS AXUDAS, TAL COMO SE COMPROMETEU NO PLENO DO PASADO MARTES.

Publicidade

ESPERAN  QUE O ALCALDE CONVOQUE UNHA REUNIÓN URXENTE PARA CONTRASTALAS COAS DO EQUIPO DE GOBERNO E O RESTO DE GRUPOS POLÍTICOS, E ASI SE POIDAN MOVILIZAR OS RECURSOS APROBADOS EN PLENO.

TODAS AS NOSAS PROPOSTAS BUSCAN QUE OS RECURSOS DISPOÑIBLES CIRCULEN ENTRE FAMILIAS, AUTÓNOMOS, PEQUENOS EMPRESARIOS, COMERCIO, E HOSTALERÍA DO CARBALLIÑO.

No último Pleno do Carballiño, celebrado o día 12 de maio, no que se aprobaron axudas para combater a crise do COVID 19 por valor de 1.799.000€, todos os grupos collemos o compromiso de preparar, con data tope no día 17 de maio, propostas de bases para que o Grupo de Goberno as puidera ter en consideración.

O Grupo Popular así o fixo, logo de falar con representantes de sectores afectados e con técnicos especialistas en cada materia, para propoñer bases para cada unha das liñas aprobadas e que estas fosen efectivas e rápidas de aplicar, para que ata o derradeiro euro chegue ao seu destino a tempo e teña un efecto positivo na sociedade.

En liñas xerais, as propostas do Grupo Popular no Concello do Carballiño fanse para que Carballiño rescate a Carballiño, de forma que cada euro que pon a disposición o Concello se gaste no Carballiño, xerando así un efecto multiplicador positivo para unha mellor recuperación como sociedade. 

O Grupo Popular queda agora á espera de que por parte do Alcalde se convoque de forma urxente aos portavoces dos partidos políticos para unha reunión, na que logo de contrastar todas as propostas, se poida iniciar de forma urxente a tramitación de cada convocatoria.

Dende o Grupo Popular seguimos a traballar no importante e tentando colaborar co Goberno local na procura de solucións a esta situación, pero reclamamos, como ata agora vimos reclamando, que o Concello colla un mellor ritmo na procura das solucións.