Comunicado ACEG de Cortegada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Cortegada ( ACEC), quere informar sobre unha situación anómala, que se está presentando como consecuencia do Estado de Alarma (fase 1), que permite moverse pola provincia de residencia, e non entre dúas parroquias próximas que pertencen a provincias distintas. Especificamente, referímonos a Cortegada (Ourense) e San Pedro de Filgueira (Crecente-Pontevedra), separadas unicamente por unha ponte de 600 metros.

Os veciños da Parroquia de San Pedro de Filgueira, -que conta cunha pequena poboación moi envellecida de 150 veciños-, desprazáronse sempre a Cortegada, por ser o pobo máis próximo, para facer uso dos seus servizos: farmacia, panadería, súper, carnicerías, barbería, entre outros.

COMERCIAL ORCELLÓN

Aínda que é certo que o estado de alarma supón un serio sacrificio para todos os cidadáns, é preciso comprender que hai casos excepcionais, como o dos nosos veciños de Filgueira, que están a tan só 600 metros do noso concello, e obrígaselles a trasladarse A Cañiza ou Crecente, ambas as localidades situadas a 10 km, afectando significativamente a esta poboación, cuxos habitantes foron notificados por parte dos corpos de seguridade, da posibilidade de recibir sancións por trasladarse a pé ou en coche ata Cortegada para satisfacer necesidades básicas como alimentación ou servizos.

Entre ambas as comunidades sempre existiu unha relación moi próxima, que se fortaleceu moito máis desde o inicio da pandemia, pois desde ACEC contribuímos á confección de máis de 4.000 máscaras, beneficiando a moitos concellos e pobos veciños, entre eles Filgueira a quen entrego máis de 75 máscaras para garantir a protección e prevención.

Neste sentido, apelamos á solidariedade e pedimos que as forzas e corpos de seguridade permitan que os nosos veciños de proximidade poidan desprazarse a Cortegada a proverse do necesario para subsistir, e así non prexudicar a economía do noso concello en momentos tan críticos como este.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------