Baltar destaca a importancia do acordo da FEMP, que demanda ao Goberno “interlocución única” no ámbito fiscal e financeiro

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente do PP en Ourense) cos membros da FEMP.

O titular da Deputación de Ourense agradece que “a equidade e o sentido común presidan as relacións institucionais nun momento crucial para a nosa sociedade, onde o que menos necesitamos son privilexios fiscais para ningún territorio

Publicidade

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe ao termo da reunión celebrada pola Xunta de Goberno da FEMP que o consenso alcanzado polo máximo órgano do municipalismo español en relación a demandar ao Goberno unha “interlocución única” no ámbito fiscal e financeiro “supón un paso fundamental para que a equidade e o sentido común presidan as relacións institucionais nun momento crucial para a nosa sociedade, onde o que menos necesitamos son privilexios fiscais para ningún territorio”, dixo Baltar, en relación ao episodio protagonizado estes días polo presidente do Goberno e as súas concesións políticas a Bildu. “Ningún favoritismo é de recibo, por respecto á poboación e para non danar a nosa credibilidade como país”, expresou Manuel Baltar

No seu acordo de hoxe, a FEMP demanda que calquera decisión que expoña o Goberno no ámbito fiscal ou financeiro referida ás entidades locais debe ser extensiva a todas as entidades locais españolas e debatida coa FEMP que é o único interlocutor, e que todo o que se gaste no ámbito social de maneira excepcional non repercutirá no teito de gasto nin na estabilidade orzamentaria e será de aplicación para todas as entidades locais. Finalmente, a FEMP pide ao Goberno que #ante a gravidade da situación económica e social actúese coa máxima celeridade posible.

Baltar volveu remarcar que as deputacións e os concellos “levamos meses ideando, planificando e executando medidas para tentar reducir ao máximo os efectos da crise en familias, autónomos, comerciantes, Pemes e profesionais, para que agora o Goberno queira cobrarse gratis o esforzo das administracións locais e das persoas que viven nestes territorios”, afirma, e reitera que os aforros de deputacións e concellos “son fundamentais para as persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social, e non se poden utilizar para cadrar contas e salvar unha xestión económica incompetente”, e destaca as iniciativas que nestas semanas puxo en marcha a Deputación de Ourense, “a máis social de toda a historia da institución provincial”, precisamente “para loitar ao máximo contra a desigualdade social que nos impuxo esta crise golpeando a saúde e a economía da poboación”, afirma Manuel Baltar.