A comisión executiva do Psdeg de Ourense e xx.ss. organizan un coloquio no que Orlando Saavedra abordará o golpe militar de Pinochet en Chile e a súa experiencia no movimiento de izquierda revolucionaria (mir)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No acto intervirá tamén Xosé Lois Carrión (secretario de Memoria da CEM), Natalia González (secretaria xeral do partido en Ourense) e Daniel Barredo (coordinador provincial de XX.SS.)

Tamén se proxectará o documental ‘Universidad comprometida’ que recolle o discurso que Salvador Allende deu na universidade de Guadalajara (México), do cineasta ourensán exiliado Carlos Velo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 31 de agosto de 2024. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE e Xuventudes Socialistas organizan, o vindeiro venres 6 de setembro, ás 19:30 horas, unha mesa redonda que contará coa presenza de Orlando Saavedra, concelleiro socialista en O Barco de Valdeorras e exiliado tralo golpe de Estado militar de Pinochet e que formaba parte do Movimiento de Izquierda Revolucionaria (MIR) en Chile por entón.
Ademais do coloquio para abordar a experiencia do edil, que viviu dende dentro o momento histórico que supuxo un punto de inflexión no devenir do país andino, proxectarase o documental do cineasta ourensán, exiliado en México, Carlos Velo titulado ‘Universidad comprometida’ (1973). O filme versa sobre o discurso que o presidente Salvador Allende deu na universidade de Guadalajara e que está considerado como unha das mellores intervencións políticas públicas do século XX.
Co gallo do golpe de Estado que asasinou ao mandatario socialista (o 11 de setembro de 1973), e impuxo a ditadura militar de Pinochet, poderá visualizarse de balde un documento da época que reflicte a situación sociopolítica durante aqueles instantes e que intercala imaxes dos conflitos que se vivían por entón coas palabras de Allende.
O encontro e a proxección terán lugar no Centro Cultural Ángel Valente e a entrada será de balde ata completar aforo.