O BNG do Carballiño segue a criticar o retraso e a falta de iniciativa do alcalde Francisco Fumega

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O BNG do Carballiño segue a criticar o retraso e a falta de iniciativa do alcalde francisco fumega porque non definirion ainda as bases para o reparto das axudas na pasada reunión

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este martes tivo lugar esa reunión no Concello do Carballiño de todos os partidos da Corporación Municipal para consensuar as bases coas que se distribuirán as axudas fronte a crise do COVID19.

VIDEO



A voceira nacionalista Sofía García lamenta que o goberno local siga sen iniciativa ningunha. Din que levamos demasiado retraso para realizar e aprobar unhas medidas ante a crise sanitaria que estamos a vivir e todo pola falta de comunicación, concreción e axilidade do alcalde Paco Fumega.

Dende o BNG defenden que as axudas deben ser equitativas e deben ter unhas bases ben reguladas en relación ás necesidades dos solicitantes.

O BNG destaca esa falta de concreción co detalle de que a reunión transcurriu sen a presenza do interventor nin do secretario para poder redactar as bases necesarias.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------