Comunicado de Podemos no Carballiño

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño preocúpanos moi seriamente coñecer de verdade cales son as prioridades do grupo de goberno municipal en este momento tan crítico que estamos a vivir.

Vemos como anunciaba esta pasada semana que se celebraría a LVIII Festa do Pulpo e que este ano estará adicada ao persoal de sanidade e emerxencias.

AVANTAR ACTIVIDADES

Parece cando menos preocupante e unha total falta de responsabilidade anunciar isto e non explicar que medidas e protocolos se van seguir.

Eso sin contar que dende o propio grupo de goberno aínda non quitaron ningún protocolo ou criterio sanitario a seguir polas propias traballadoras do concello nas súas dependencias, como xa deixaba constancia estes días o CSIF, nin ningunha recomendación para poder compaxinar a convivencia entre a veciñanza do Carballiño e as terrazas do sector da hostelería.

Nos parece que as prioridades do grupo de goberno seguen a ser as festas, pois vemos certo desinterese por sacar adiante outras medidas que son xa urxentes e de extrema necesidade, como poden ser as convocatorias das axudas de Emerxencia Social ou as bases para axudas a traballadoras afectadas polo peche de negocios e redución de facturación motivadas polo COVID-19.

Van xa 78 días dende que se decretou o estado de alarma e tres semanas dende que se aprobara en pleno o orzamento municipal para dotar economicamente estas axudas e non vemos moita intención de que saían adiante.

Recordámoslle ao señor Alcalde e ao resto de concelleiras do grupo de goberno, que hai moitos fogares  no Carballiño que levan máis de 2 meses sin ter ningún tipo de ingreso, e que agora mesmo a prioridade de calquera administración, incluida o noso concello, debería ser paliar na medida do posible esta situación de crise económica sobrevida pola crise sanitaria.

Podemos entender que ante esta situación extraordinaria se tomen medidas tarde ou equivocadas, o que non podemos permitir e asumir  é que haxa incompetencia e improvisación desubicada en estes momentos, e que unha vez máis o anuncio de festexos sexa a liña principal de actuación de este grupo de goberno.

Solicitamos encarecida e urxentemente que o grupo de goberno saque as bases tanto das axudas por Emerxencia Social como as das motivadas polo COVID-19, e que se poña a traballar na creación da Comisión de Sanidade e nos protocolos e medidas de seguridade sanitaria tanto para o comercio local, a hostelería e para as propias dependencias municipais, deixando de incumprir varias normativas legais.

Teñen unha obriga coa xente de este pobo, a mesma xente que lles deu a maioría.

Cumpran con ela.