Espazo Común: ” Queixas dos veciños da rúa Saleta “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

OS VECIÑOS DA RÚA SALETA DEMANDAN QUE SE EXECUTE A OBRA QUE SE LLES PROMETEU ANTES DAS ELECCIÓNS

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto que se está a levar a cabo non se achega nin á metade do acordado polos propietarios co alcalde Fumega.

Espazo Común únese aos veciños e esixe que se cumpla co acordado e pactado no seu día

Nos pasados días, un bo número de veciños da rúa Saleta contactaron con Espazo Común para informarnos do seu descontento coa reforma que o Concello está a acometer alí.

Argumentan que tiñan un acordo co goberno municipal e nomeadamente co alcalde polo que se ía ensanchar o vial ata os 10 metros que indica o PXOM, renovar as canalizacións da auga, construír beirarrúas en ambas marxes, instalar nova iluminación e algunhas outras melloras.

Esta proposta ven do acordo orzamentario de 2017 entre PSOE e Alternativa Veciñal e xa daquela houbo reunións e visitas a tódolos propietarios que deixaron claro o seu compromiso de ceder terreos para que a rúa fora urbanizada como merece por fin.

Tres anos despois, o pasado 17 de abril, o alcalde adxudicou esta obra xunto co arranxo das rúas Solana, San Benito e Madalena á empresa Lemos Martínez do Porriño por un importe total de 124.078,60 €.

A sorpresa desagradable para os afectados foi descubrir tan pronto se iniciaron os arranxos que o que se está a facer non garda ningún parecido co prometido no seu día: non se ensancha o vial, non se constrúen beirarrúas como se acordara, non se renova a iluminación…

A indignación é considerable e xa se dirixiron ao goberno para darlla a coñecer. Queixanse de que ninguén os informara nin se reunira con eles para informalos do que se ía facer finalmente.

Pola nosa parte, unímonos á súa xusta reivindicación e esiximos que se revise o proxecto para que se axuste ao pactado e prometido no seu día.