Maside aprobará o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres no próximo pleno

IES CHAMOSO LAMAS

O manifesto difundido polo concello de Maside recorda a situación vivida neste último ano e como afectou especialmente á muller.

“Durante esta pandemia as mulleres estiveron, e están, en primeira liña e desempeñaron, e seguen a facelo, un papel extraordinario. As mulleres levaron máis peso, en tanto que son maioría dentro do persoal sociosanitario, e froito da desigualdade, tamén na vida privada asumen unha carga moito maior no coidado dos menores e persoas dependentes. A todo elo temos que sumarlle que as medidas adoptadas para conter o coronavirus xeraron circunstancias que agravaron a maior das crueldades do machismo, agravaron a violencia sobre as mulleres. A mensaxe deste 8M debe estar presente nas conciencias e acción de tódalas persoas, entidades e institucións día tras día. Debe estar presente os 365 días do ano.”

HIPER MASIDE

É por elo, que dende o Concello de Maside queren por de manifesto con esta declaración de intencións que as mulleres contan ca determinación da administración local para priorizar e promover as políticas e medidas “que contribúan ó verdadeiro respecto dos seus dereitos e establecemento da xustiza social, especialmente aquelas accións que traballen na concienciación dos nosos veciños e veciñas e na axuda a cada unha das rapazas e mulleres para que, en igualdade de oportunidades e condicións que os homes, poidan ocupar na sociedade o lugar que lles corresponde por dereito propio e que non é outro que o que elas desexen e escollan”.

Neste senso o Concello de Maside, co seu alcalde, José Manuel Iglesias Araujo, á cabeza levarán ó seguinte pleno a moción de aprobación do IIº Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Maside. Documento que rexerá a vida municipal en tanto en canto nel se reflexan propostas para a mellora e avance do municipio no eido da igualdade.

PUBLICIDADE