CxG de Punxín critica o uso privado das termas polo goberno cando están pechadas ó público

Eladio Fernández, concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, quere denunciar a utilización da área termal do Bañino o pasado día 29 de maio, domingo, por os concelleiros do Goberno Municipal  acompañados das familias, fillos e netos do alcalde.

A área termal do Bañiño dispón de un par de piscinas termais que están pechadas por orden do Alcalde ó público, desde o principio da pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro asegura que no concello de Punxín ven a producirse de seguido unha utlización particular da Institucción, “repartirse os postos de traballo, como  se vai atribuir o propio Tenente Alcalde, Euloxio González, e outro para a súa dona, como o caso da festa privada, neste caso atribuindose o uso privado das piscinas de termalismo de Punxín, que están cerradas o público”.

No próximo pleno levarán este tema a través dunha moción na que pedirán explicacións.