Leiro: Contratación de dous traballadores/as para prestar servizo como peóns en Berán

Hoxe sae publicado no BOP a seguinte convocatoria

BOP

AVANTAR ACTIVIDADES

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación,
segundo as bases aprobadas o 5 de xuño de 2020:
1.- Número e denominación das prazas: dous traballadores/as
para prestar servizo como peóns de servizos múltiples.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a
xornada parcial (34 horas semanais).
3.- Duración do contrato: ata fin de obra (aproximadamente
4 meses).
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro da
entidade local menor de Berán, situado na casa do concello de
Leiro, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos
en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados
dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín
Oficial da Provincia de Ourense.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección
atópase a disposición do público no rexistro da entidade
local menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, na
páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede
electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/).
O presidente. Asdo.: Constantino Vidal Vidal.