O concello promoverá unha homenaxe a José Benito Sieiro González, polos case trinta anos que leva á fronte da parroquia do Carballiño

O párroco do Carballiño, José Benito Sieiro González, leva vintesete anos á fronte da parroquia e por eso o concello quere promover unha homenaxe en recoñecemento do seu labor pastoral e social durante este tempo.

Publicidade

De feito, no concello téñense recibido algunhas propostas ao respecto e de aí que se emprenda esta iniciativa, á que se lle dará forma nas próximas semanas.

José Benito Sieiro neceu en Lebosende (Leiro), onde oficiou a primeira misa en decembro de 1960. Leva exercendo de sacerdote  sesenta anos, os últimos vintesete no Carballiño. Foi párroco de As Caldas, no barrio ourensán de A Ponte, e en 1968 estivo destinado en Santa Comba de Bande, onde comezou a oficiar a misa en galego.