Nota de prensa do concello sobre a apertura dos parques infantís

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O CONCELLO ABRIRÁ OS PARQUES INFANTÍS CANDO SE PODA GARANTIR O CUMPRIMENTO DAS CONDICIÓNS SANITARIAS PARA O SEU USO DUN XEITO SEGURO.

Ante a publicación no DOG do sábado pasado dalgunhas das condicións sanitarias para a apertura dos parques infantís, o concello do Carballiño informa que os abrirá cando se podan garantir estas condicións sanitarias, e tendo sempre en conta a preponderancia da normativa relativa ao aforo, desinfección e dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, sobre calquera outra consideración que puidera poñer en perigo a seguridade dos nenos e nenas e das súas familias fronte ao coronavirus.

VIDEO

Desde xeito, o concello anuncia que a apertura realizarase unha vez que se poidan asumir todas as esixencias especificadas para este tipo de instalacións, pois é preciso delimitar e controlar o aforo permitido (unha persoa por cada catro metros cadrados de espazo), así como desinfectar cada día (unha desinfección diaria dos xogos e o espazo) e contar con dispensadores de  xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida (ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade).

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Todo esto supón, ademáis dun problema de organización, un custe importante, que é preciso valorar e contratar, pois non pode ser asumido directamente por persoal do concello, nin se pode levar a cabo dun día para outro, e hai que facelo cumprindo estrictamente os procedementos de contratación das administracións públicas, como é o caso dun concello.

 En todo caso, o concello traballa na avaliación destas medidas co obxectivo de que se podan abrir os parques infantis cando haxa a seguridade do seu cumprimento. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------