Novas normas na ocupación dos vehículos

Respecto da ocupación dos vehículos:

Publicidade

1. Nos transportes en motocicletas que estean provistos con dúas prazas homologadas poderán viaxar dúas persoas. O uso de luvas será obrigatorio e, serán admitidas as luvas de protección de motoristas.

VIDEO

2. Nos transportes privados particulares en vehículos de ata nove prazas, poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo.

3. Nos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor.

4. Nas cabinas de vehículos pesados ou furgonetas poderán ocuparse todas as prazas.

En todos os supostos será obrigatorio o uso de máscara por parte de todos os ocupantes dos vehículos, agás nos que todos os ocupantes do vehículo convivan no mesmo domicilio.