Este próximo sábado día 20 de xuño remata o prazo de entrega de textos orixinais para o 15º premio Abrente.

A resolución será o día 27 de xullo, no marco da 36ª MIT.

Xa hai xurado para esta edición: Fina Calleja, actriz e membro de Sarabela Teatro; Rosa Puga, actriz e profesora da Escola Municipal de Teatro de Ribadavia; e Fernando González, actor.

AVANTAR ACTIVIDADES

Lembramos que este premio nace coa intención de incentivar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), por iso, o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro convoca dende 2006, en lembranza daqueles “Concursos de Textos Teatrais”, o Premio Abrente para Textos Teatrais, dotado cunha cantidade de 3.500 euros máis a publicación da obra na colección “Abrente de textos teatrais” da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.