É unha nova triste e que seguro non gusta a nadie pero posiblemente no mes de agosto as Hermanitas vanse.
As razóns son moi diversas é a situación que se vai dar no Carballiño tamén se dará en outros concellos de Galicia.
A Orden relixiosa que vai reemplazar as Hermanitas na xestión do Asilo vai ser ” As Siervas de Jesús “
Na actualidade as Relixiosas Siervas de Jesús están presentes en 18 nacións de catro continentes.
O Asilo é rexido por un Patronato .
O Partido Popular de Carballiño dirixirase ao Alcalde como membro do Patronato para que informe desta situación, e as consecuencias que poidan traer.
Os irmáns Prieto Pereira, Adelaida, Severino, Leandro e Juan Mª, foron benefactores da vila do Carballiño. Adelaida dispuxo do seu capital para fundar o asilo de Anciáns Desamparados. Os tres irmáns homes destinaron a herdanza dos seus pais ao seu sostemento, pero non sendo suficiente Severino, que fora xuíz en Cuba onde se casou, non dubidou en doar á gran fortuna que recibira ao falecer a súa esposa.