A BIBLIOTECA ABRE ESTE XOVES, 25 DE XUÑO, A SALA DE ESTUDIO, CUN AFORO LIMITADO A 14 PERSOAS E CON RESERVA PREVIA

A biblioteca pública municipal abrirá este próximo xoves, 25 de xuño, a sala de estudio. Será cun aforo limitado a 14 persoas e con reserva previa, co obxectivo de garantir as normas de separación e seguridade sanitaria polo Covid-19.

Será obligatorio o uso de mascarilla e haberá un dispensario de solución hidroalcólica para o lavado das mans.

NOTA INFORMATIVA E PROTOCOLO NA APERTURA DA SALA DE ESTUDIO DA BPM DO CARBALLIÑO

  1. O PRÓXIMO XOVES, DÍA 25 DE XUÑO, ABRIRÁ A SALA DE ESTUDIO EN HORARIO DE 8.15-14.15 h.
  • O USO DA SALA DE ESTUDIO SERÁ CUN AFORO REDUCIDO, PARA UN MÁXIMO DE 14 PERSOAS.
  • OS USUARIOS DEBERÁN FACER RESERVA PREVIA: teléfono 607062626; e-mail: biblioteca@carballino.gal; Facebook da biblioteca ou whatsapp 669645044, identificándose e comunicando número de teléfono e horas de uso. Ditas solicitudes recolleranse ata as 13,00 horas do día anterior.
  1. Deberán acudir provistos de máscaras e sentarse na mesa reservada, cunha marxe de 10 minutos. No caso de non respectar o horario, dita reserva concederáselle a outro usuario ou usuaria.
  2. Se desexan saír do edificio, máis alá da praza Antón Losada, deberán avisar ao encargado da sala, ou da Biblioteca.
  3. Os usuarios/as terán á súa disposición un dispensario de solución hidroalcólica para lavar as mans.
  4. Está totalmente prohibido formar grupos, mover as cadeiras, ocupar un posto diferente, comer na sala e abrir as portas a outras persoas.
  5. O obxetivo destas medidas é protexer o máximo posible a saúde dos usuarios/as e evitar aglomeracións ou o incumprimento das normas.
  6. Pregamos a colaboración de todos os interesados/as.