O Bng do Carballiño reclama o arranxo da seguridade da estrada 541, alegando perigosidade na zona e falta de mantemento
Sofía García, portavoz do Bloque Nacionalista Galego, reclamaba información no pasado pleno municipal sobre o estado das conversas con Fomento para o arranxo da estrada Nacional 541. A portavoz asegura que se aprobou por unanimidade da corporación esta mellora dadas as circunstancias nas que se atopa a vía e que segue sen facerse nada ó respecto. A estrada Nacional 541 presenta mala iluminación e perigo para os viandantes, atopándose nun cruce que da acceso ó pabillón de deportes, unha residencia de maiores, o centro comarcal e o cruce de Toscaña.
Ademáis, a portavoz reseñou que nos últimos días se fixeron melloras nas estradas colindantes, nas que se pintaron as sinalizacións sobre o asfalto ata chegar a estrada do Irixo, onde asegura que son máis necesarias se cabe pola afluencia de persoas, tanto novas coma maiores