Un gran mural en recoñecemento do irmandamento entre Noventa Padovana e O Carballiño foi descuberto nesta localidade da provincia italiana de Padua

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Noventa Padovana, 26 de outubro de 2024.- Un gran mural en recoñecemento do irmandamento entre Noventa Padovana e O Carballiño foi descuberto onte fronte ao concello desta localidade da provincia italiana de Padua nun acto ao que asistiron os alcaldes de ambas localidades, Marcelo Bano e Francisco Fumega. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A este acto, que se celebrou a mediodía deste xoves, 25 de outubro, tamén contou coa asistencia de diversos concelleiros e concelleiras de Noventa Padovana, entre eles o de Turismo e a de Cultura, así como do concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, ademáis dos integrantes da comisión municipal creada para este irmandamento, a tesorería da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Mari Ángeles Lage, e o representante das asociacións culturais, Carlos Rodríguez.

Neste mural, no que figuran os escudos do Carballiño e Noventa Padovana, ademais do provincial de Padua e o da rexión de Véneto, ensálzase o feito histórico do irmandamento entre ambos concellos a propósito das súas respectivas festas do pulpo, e se destaca a oportunidade de intercambiar experiencias e colaborar en materia de gastronomía, turismo e cultura, co obxectivo de fortalecer a economía de ambos concellos.

Tamén se lembra a importancia desta feira de Noventa Padovana, baseada nunha tradición de mediados do século XVIII.

A continuación, os alcaldes reuníronse na alcaldía, situada nun palacete do século XVIII, xunto cos concelleiros, onde intercambiaron posibles propostas de colaboración en materia de patrimonio gastronómico e cultural, e en turismo, abrindo incluso a posibilidade de colaborar en algún proxecto común europeo.

Máis tarde, as  autoridades percorreron ás instalacións da Fiera del Polpo, que serán inauguradas este sábado pola tarde nun acto oficial ao que están invitados o alcalde e o concelleiro carballiñeses, así como o resto da delegación. 

La Fiera del Folpo conta con máis dun centenar de postos de degustación gastronómica, entre eles o pulpo, ducias de postos con outro tipo de productos, dous grandes espazos de atraccións para pequenos e mozos, e dous grandes escenarios con música de Djs de ámbito nacional e internacional.

Onte pola tarde e noite, a pesares da chuvia, varios milleiros de persoas abarrotaron a Feira, un anticipo da gran afluencia que se agarda este sábado e domingo, pois son ducias de miles de persoas as que acuden a esta celebración, que comparte amizade coa Festa do Pulpo do Carballiño e foi o argumento para irmandar ambos concellos.