O´Potiños organiza unha nova edición da iniciativa “Pon unha foto na rúa”, que terá lugar o domingo, 28 de xuño, na praza maior

A asociación fotográfica O´Potiños organiza unha nova edición da iniciativa “pon unha foto na rúa”, que terá lugar o domingo, 28 de xuño, na praza maior

Trátase de convidar aos veciños da vila a participar activamente nesta experiencia que se celebra a nivel mundial, como un acto de promoción da fotografía, deixándose fotografiar polos integrantes da asociación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente do colectivo fotográfico, Manuel Blanco, no salón de plenos do concello.

Diego Fernández amosou a súa satisfacción por ser a primeira actividade cultural que se programa e se presenta durante o covid 19, e por eso expresou o seu agradecemento e felicitación ao colectivo O´Potiños.

Manuel Blanco tamén amosou a súa alegría por poder dar un pulo de vida ao pobo. A edición de “Pon unha foto na rúa 2020” terá a novidade de que durante a semana anterior vanse colocar na Praza Maior uns mupis con 16 fotografías de gran formato sobre personaxes do Carballiño.

E o propio día 28 de xuño, colocarase un set para fotografíar ás familias e persoas que o desexen, e sempre mantendo as normas de prevención, desinfectando o set constantemente tras cada uso. Oito fotógrafos da asociación encargaranse de realizar unhas cen fotografías, que serán expostas posteriormente e que se lles entregarán aos seus protagonistas.