Adolfo Domínguez deseña a capa que vestirá o ” Gaiteiro da Catedral”

Baltar Tiziana Dominguez
Vista Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) as instalacións de Adolfo Domínguez para a visita da creación da “Capa do Gaiteiro da Catedral” acompañado por Tatiana Domínguez.


A empresa ourensá Adolfo Domínguez deseñou e confeccionou a capa que vestirá o ” Gaiteiro da Catedral” de Ourense, que será o símbolo permanente do recordo ás vítimas do COVID-19, unindo música e solidariedade nun acto que se repetirá todos os días do ano na torre da catedral, desde onde un gaiteiro ou unha gaiteira interpretarán durante dous minutos unha melodía en honra das vítimas do coronavirus.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta mañá os talleres da empresa téxtil ourensá, situados no polígono de San Cibrao, onde estivo acompañado pola directora creativa da empresa, Tiziana Domínguez, quen lle explicou os detalles da capa, 100 % creada e producida no taller de costura de Adolfo Domínguez. A peza, deseñada sen enfoque de xénero para que poida ser vestida por mulleres e homes, está realizada 100% de la negra e foi confeccionada con tecido de arquivo da firma de moda de autor.

AVANTAR ACTIVIDADES


Tiziana Domínguez explicou que a peza reinterpreta as capas tradicionais dos gaiteiros galegos e está deseñada en dúas pezas, seguindo a crenza de que San Martiño rachou a súa capa en dúas para entregarlla a un esmoleiro nun día de tormenta. A peza combina dúas cores, vermello e negro, seguindo a tradición histórica da cor da capa do santo (vermello) e en homenaxe e recordo das vítimas do coronavirus (negro). A peza inclúe tamén elementos icónicos da marca de moda de autor, como o pescozo, mao ou unha fornitura de tipo trenca con carapucha feita nunha soa peza.