Os socialistas de Ourense reclaman a Feijóo que explique que “intereses” escuros ten para querer construír “unha estación intermodal en contra da cidadanía”

“O PP debería explicar o interese por levar a cabo unha estación contra a cidadanía”, preguntou Villarino tras destacar que o proxecto de Caballero “permitirá a intermodalidade e non romper a cidade”

AUDIOS Marina Ortega e Rafael Villarino

AVANTAR ACTIVIDADES

Ortega transmitiu “moi boas vibracións ante a acollida por parte da cidadanía do acto de Sánchez” polo que insistiu na “necesidade de dar un cambio tras 11 anos de atraso e abandono de Feijóo”

Os socialistas de Ourense celebran o compromiso do candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, para darlle a cidade a estación intermodal que merece, logo do “pendello” que o goberno de Feijóo pretende levantar no barrio da Ponte, tras tombar o proxecto do ano 2011 e recortar o investimento. Ante o stand electoral ─un container vertical─ na rúa do Paseo, o secretario provincial, Rafa Villarino, resaltou o compromiso socialista para reformular o proxecto: “ou pendello de Feijóo con 300 autobuses ao día xunto ao centro de saúde ou intermodal de Caballero, moderna, integrada e respectuosa con Ourense”.

Villarino insistiu no “empeño do PP en derrubar a antiga estación de autobuses” para evitar cambiar o proxecto. “O PP debería explicar o interese de levar a cabo unha estación contra a cidadanía”, preguntou antes de destacar que Caballero “comprometeuse cun cambio que permitirá a intermodalidade e non romper a cidade” tras recordar que o PSOE deixou preparada a licitación dun proxecto “no ano 2011 que o PP botou abaixo e case unha década despois seguimos sen nada cun cómplice inesperado chamado Democracia Ourensana”.

O socialista tamén recalcou que o PP quere impor “unha estación de autobuses que non quere ninguén e que ademais acaba de ser privatizada”. Pola súa banda, o candidata ao Parlamento de Galicia, Marina Ortega, valorou moi positivamente o arranque dunha campaña que está a devolver a ilusión polo cambio: “temos moi boas vibracións ante a acollida por parte da cidadanía” polo que insistiu na “necesidade de dar un cambio” tras “11 anos de atraso e abandono notorio de Feijóo”.

A candidata pediu escusas á xente que tivo que quedar fóra “por motivos de aforo” do multitudinario acto con Pedro Sánchez que reuniu a un milleiro de persoas, e pediu a todas as persoas que “hoxe poñan o debate electoral da TVG para que vexan de primeira man que é o mellor candidato”. www.psdegpsoeourense.es Tel. 988370386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense @PSdeGdeOurense Caballero comprometeuse esta fin de semana, durante o acto co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a “cambiar o plan da intermodal” da capital e a “sacar a estación de autobuses” de onde a quere incrustar Feijóo para que “non rompa” a cidade.

O candidato xa traballa nun plan alternativo para evitar rodear de dársenas un centro de saúde a afumar así a centos de persoas, tal e como quere o Partido Popular