Juan Manuel Casares Gándara será investido Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago

José Manuel Casares Gándara, Director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), será investido Cabaleiro o próximo 18 de xullo, durante a celebración do 24 Capítulo Xeneral da Orde do Camiño de Santiago. Esta Orde reliosa-militar fundouse en 1170 no Reino de León ca finalidade de formar como militares para protexer a súa provincia ós cidadáns que se arrepentían de levar unha vida licenciosa.

Casares Gándara é licenciado en Veterinaria e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. É o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro e da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro. Entre as súas publicacións destacan o libro “Pensamiento político de Florentino Cuevillas” e colaboracións de opinión en prensa escrita.

AVANTAR ACTIVIDADES