O Psdeg-Psoe de Leiro pide un informe economico sobre a viabilidade de que o concello continúe na Mancomunidade do Ribeiro

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, solicitou na Comision de Contas á Intervención  un informe económico no cal se contemple a situación favorable ou desfavorable de que o Concello siga pertenecendo a Mancomunidad do Ribeiro.

Os socialistas de Leiro aseguran que os servizos prestados pola Mancomunidade resultan gravosos para a economía do término municipal e dos veciños e que segundo a agrupación son fruto de intereses economicos, politicos e personais que afectan a xestión da Mancomunidade. Aseguran tamén que estos mesmos motivos son os que provocaron a saída  dos Concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Melon, Carballeda de Avia e Avión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na actualidade e desde fai tempo, segundo os socialistas, as aportacions dos concellos e dos veciños non son suficientes para manter aberta esta institución, tendo que cubrir a Xunta de Galicia, me diante subvencións a mitade dos gastos presupuestados cada ano.